Mentras noutros países se implementan acordos coa industria e a distribución, o noso Sector Lácteo agoniza ante a pasividade dunha Administración Pública que di non poder facer nada en cuestións tan absolutamente determinantes como o prezo que se lle paga aos nosos produtores/as, podéndose falar da xeralidade da situación de cobrar prezos que non cubren os custes de produción e estimándose en 3 milleiros, as granxas que están a cobrar prezos por debaixo dos 26 céntimos o litro.
Para o noso Concello, a importancia do sector é vital; non só desde un punto de vista económico, senón tamén social. Sen sector lácteo, Vilalba, ao igual que a comarca e o conxunto do país non terá futuro e as vindeiras xeracións veránse na obriga, como antes o fixeron os seus avós, de marchar na procura dun futuro que na súa terra lles foi arrebatado.
Neste sentido, dende a asemblea de Vilalba Aberta queremos facer público o noso apoio así coma animar a todos vilalbeses e vilalbesas a que acudan á manifestación en defensa do Sector Lácteo Galego que mañá xoves día 20 se celebrará na nosa vila.
Unha manifestación, que forma parte dunha serie de actos que en toda Galiza se están a levar a cabo durante estas semanas e que comezará xunto á estación de autobuses, percorrerá a Rúa da Pravia, a Praza de Suso Gayoso, as rúas de Galicia e Chao Ledo así coma a avenida da Terra Chá e rematará no campo da feira, onde se procederá á lectura dun manifesto.
Agardámosvos mañá a iso das 12:00h diante da estación de autobuses.
Por un prezo mínimo garantido para o leite!!
Por un prezo mínimo garantido para o leite!!
Polo futuro do noso concello e o dereito a seguir vivindo na nosa terra!!!
A asemblea de Vilalba Aberta xunto aos productores/as pola defensa do noso Sector Lácteo!
A asemblea de Vilalba Aberta xunto aos productores/as pola defensa do noso Sector Lácteo!
Acude e difunde!!!