Vilalba Aberta segue sumando parroquias ao seu proceso de escoita no rural. Despois de visitar o barrio de Bordelle (Santaballa), a formación municipalista achegouse este martes a Sancovade co obxectivo de recoller as demandas da parroquia.
O deficiente estado da rede viaria municipal centrou a xuntanza. Así, a veciñanza presente lamentou o estado de degradación e abandono das pistas da Casanova; Barbeitas; Chafarica; o acceso ó Ramallal e a que une Muíños e o Ventorro,
A recuperación e posta en valor do Lavadoiro e a fonte do Barral, así como o necesario arranxo dos vestiarios do campo de fútbol tamén se puxeron sobre a mesa nunha reunión na que a Asociación de Veciños trasladou a VA o pésimo estado da cuberta da Casa Escola.
O Candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, tomou por último nota da situación do alcantarillado dende a Guadalupe polo camiño do Sixto. Acompañado dos nº 2 e 7 de Vilalba Aberta, Mª Xosé Fernández e Luís Barrio, Renda lamentou a falta de seriedade da Alcaldesa na concesión das subvencións nominativas e comprometeuse pelexar no que queda de lexislatura por arrincar do goberno un boa parte das súas demandas.