Vilalba Aberta segue sumando colectivos ao seu proceso de escoita de entidades e asociacións. Así, a formación reuniuse este luns con representantes de varias entidades culturais do Concello co obxectivo recoller as súas demandas e contrastar varios puntos do seu Programa.
A xuntanza, que se celebrou na sede de Vilalba Aberta, permitiulle ao seu candidato á Alcaldía, Modesto Renda, explicar a aposta de VA pola posta en marcha dun Consello Municipal da Cultura, como órgano de comunicación e coordinación entre o Concello e o tecido cultural.
A xestión dos espazos municipais, a redefinición da actual política de subvencións ou o novo Ciclo Cultura nas Parroquias que VA pretende implementar se goberna, puxéronse así mesmo sobre a mesa nunha reunión que a formación agarda repetir como goberno logo do 28M.