Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades das parroquias. Logo dunha visita a Ladra, o candidato á Alcaldía da formación, Modesto Renda, comprometeuse coa veciñanza da parroquia ó arranxo pista da Fraga Vella.
Un vial de titularidade municipal, polo que día a día pasan dende o transporte escolar aos gandeiros/as da SAT e que, tal e como explicou Renda, da actualmente acceso directo a varias vivendas situadas no barrio do mesmo nome.
“Dende hai varios anos os veciños/as da zona veñen reclamando do Concello que se actúe nesta pista” mais – censurou – “ninguén os está a escoitar”
Á zona desprazáronse tamén varios veciños/as aos que Renda agradeceu a confianza e cos que se comprometeu de cara a vindeira lexislatura.