Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar a posta en marcha dunha estrateixa conxunta cos grupos de En Marea no Congreso e máis no Parlamento Galego, a fin da retirada da decisión que o Ministerio de Facenda daba a coñecer o pasado venres, relativa á puxa dos bens e fincas situadas no xacemento da Pena Grande, no Concello de Vilalba.
Unha parcela de algo máis de tres hectáreas e media de superficie á venda por 7.785,66 euros. Unha parcela, que ten por característica nin máis nin menos que a de acoller un dos principais xacementos arqueolóxicos de Galiza.
Para o noso edil, o compañeiro Modesto Renda, o anuncio representa unha “auténtica ofensa coma historiador e coma vilalbés” e cuestionou – el alusión a Baamonde- a “catadura moral” dun Alcalde que “non dá un chío diante da vergoña que, para un Concello coma Vilalba, está a supoñer que un dos seus orgullos, en tanto que xacemento paleolítico catalogado, se atope ameazado pola privatización da parcela que o acolle”.
Na mesma liña se pronunciaba o compañeiro Martiño Maseda, o que aludiu ao “centralismo depredador” do Ministerio, ao que acusou de se atrever a realizar “unha poxa polo noso patrimonio”.
É por isto que establecemos unha canle de comunicación directa co deputado Fernán Vello e mailos grupos de En Marea no Congreso e o Parlamento, a fin de pelexar a revogación da antedita decisión ministerial. Paralelamente, En Marea preguntou xa no día de hoxe ao Goberno do Estado pola súa disposición a cedelos gratuítamente á Xunta para poñelos en valor dende un punto de vista do patrimonio cultural e histórico.