Vilalba Aberta segue sumando parroquias no seu proceso de escoita do rural vilalbés. Así, e despois das xuntanzas en Santaballa; Nete; Ladra; Oleiros; Carballido; Corbelle; Belesar; San Simón; Lanzós; Árbol e Bordelle, a formación achegarase a Sancovade para celebrar a 12ª parada da súa iniciativa Rede de Parroquias.
Á reunión, fixada para este martes 7 de Marzo ás 20h no local social, seguiranlle outras dúas – apalabradas xa – no marco dunha serie de encontros deseñados co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural vilalbés e incorporalas, logo, á axenda política da corporación.
O seu candidato á Alcaldía, Modesto Renda, puxo en valor o imprescindible de facer política “escoitando aos veciños do rural” e animou á veciñanza de Sancovade a participar achegándose o xoves á Casa Escola. Así mesmo, Renda non quixo deixar pasar a oportunidade para trasladar o seu “profundo agradecemento á directiva da asociación de veciños da parroquia” por permitir facer posible este novo encontro.