O candidato de Vilalba Aberta, Modesto Renda, saíu hoxe ao paso das declaracións da Alcaldesa ao respecto dos investimentos no rural. A través dun comunicado de prensa, o Alcaldable cualificou de “torpe” a campaña de propaganda do PSOE e volveu instar a Elba Veleiro a sentarse a negociar para “cumprir coas parroquias que quedaron fóra.”
“Os 2.000.000€ para o rural dos que presume Veleiro arrincoullos Vilalba Aberta na mesa de negociacións”, explicou. Renda, que se recoñeceu “perplexo” coa estratexia socialista, censurou moi especialmente que dende o goberno se fale de “priorizar o rural” cando a Alcaldesa “leva meses sen negándose a negociar unha terceira incorporación de crédito que financie o arranxo de ata 12 pistas nas parroquias de Oleiros, Vilapedre, Noche, Soexo, Belesar, Mourence e Boizán.
OS ACORDOS QUE ACADOU VILALBA ABERTA: ARREDOR DE 2.000.000€ PARA AS PARROQUIAS EN DÚAS ANUALIDADES
Modesto Renda explicou que os acordos que Vilalba Aberta arrincou do goberno supuxeron “un desbloqueo fundamental en materia de investimentos” pois, do contrario, “o Concello apenas tería marxe para executar, o que se traduciría nunha lexislatura perdida para o rural”.
Así, lembrou que se incorporaron á anualidade 2022, polo procedemento de modificación orzamentaria, un total de 904.042,59 euros, co obxectivo de dotar de crédito á execución de diversos proxectos de obra en diferentes vías e accesos no rural.
En virtude do pactado, destináronse 29.623,89€ á pavimentación e rexeneración de vías na parroquia de Samarugo e 6.500,00€ á de Vilapedre. Na mesma liña, mais neste caso a fin da conservación e mantemento de vías, investíronse 61.249€ na parroquia de Alba; 50.201,06€ na de Rioaveso; 23.621,28 en Corvelle; 52.420,90€ en San Simón; 25.980,61€ en Codesido; 27.482,30€ en Distriz; 94.540,53€ en Árbol; 46.548,42 en Santaballa; 59.704,48€ en Lanzós; 55.526,33€ en Román; 20.788, 32€ en Carballido; 16.964,36€ en Tardade; 28.360,79€ en Xoibán; 23.104,35€ en Gondaísque; 19.432,78€ en Ladra; 32.871,17€ en Goiriz e 28.021,53€ en Insua.
Ademais, e no relativo á pavimentación e mellora, contémplanse 28.411,60€ a executar na parroquia de Nete e 84.632,47€ na de Torre.
No 2021 o acadado por VA superou tamén os 800.000€ para as parroquias en investimentos. Un acordo en virtude do cal destináronse 44.500 euros á pavimentación e rexeneración de vías na parroquia de Samarugo, 68.000 euros para a conservación e mantemento de vías na parroquia de Alba, 60.000 euros á conservación e mantemento de vías na parroquia de Rioaveso, 68.858,34 euros á mellora de vías municipais en Nete, Ladra, Distriz e Rioaveso, 164.000 euros en actuacións de mellora de diversos accesos a núcleos nas parroquias de Goiriz, Corvelle, Santaballa, Lanzós, Román, e outras, 24.982,34 euros no proxecto de mellora no vial de acceso a Bidueiros, 89.057,82 á pavimentación e mellora de vías municipais nas parroquias de Insua, Torre, A Costa e Ladra, 76.746,67 euros no proxecto e renovación da rede de abastecemento de auga nos accesos á Igrexa de Sancovade desde o núcleo urbano, e 169.000 euros á mellora de accesos a barrios de Corvelle, Goiriz, Román, Carballido e Costa.