Dita convocatoria poñeríase en marcha pola vía dun concurso de ideas no cal, a través dunha comisión transparente e pública, se dictaminaran os beneficiarios últimos da iniciativa municipal
A transferencia, formalizaríase nun contrato administrativo caracterizado pola única limitación dun estricto cumprimento dos dereitos laborais e o fomento do emprego digno
A transferencia, formalizaríase nun contrato administrativo caracterizado pola única limitación dun estricto cumprimento dos dereitos laborais e o fomento do emprego digno
Na defensa tanto da pequena empresa coma dos nosos autónomos/as locais e saíndo ao paso das información recollidas por diversos medios de comunicación e que cifraban entre 7 e 9 as infraestruturas públicas en desuso no Concello; dende a asemblea de Vilalba Aberta, a través dunha moción rexistrada esta mañá con vistas ao pleno do vindeiro xoves, vimos de propoñer ao Concello de Vilalba a elaboración dun catálogo de propiedades municipais en desuso a fin de ofertalas ás PEME e emprendedores locais.
A proposta, que se enmarca no contexto da grave situación económica pola que os veciños/as do noso Concello están a pasar e que se xestou en base á aposta por un modelo económico especulativo en troques de vincular á economía produtiva o noso crecemento e desenvolvemento coma país, responde á nosa continuada búsqueda de solucións municipalistas diante dunha realidade económica e financieira que afoga aos nosos autónomos/as e nos mostra ás claras o imposible resultante do intento de sacar adiante unha pequena empresa ou comercio local.
Os datos da Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) revelan que o 89% do total do emprego xerado no conxunto do Estado créano as empresas de menos de 20 traballadores, porcentaxe similar á de Portugal (89,4%) e Francia (89,2%) e na suma dos contextos urbanos e semiurbanos, como o caso de Vilalba , o pequeno comercio proporciona unha media de 40 postos de traballo por cada 1.000 m2 mentras que, segundo informes das Unión Europea, as grandes superficies proporcionan só 27 postos de traballo por cada 1.000 m2, sendo esta proporción tendente a diminuír ata os 9 postos de traballo por cada 1.000 m2 nas novas fórmulas comerciais que reducen a proximidade na atención ao cliente.
Neste sentido, ademáis dunha convocatoria que parta dun concurso de ideas no cal, a través dunha comisión transparente e pública como garante da representación veciñal así coma a dos diferentes grupos políticos, se dictaminen os beneficiarios últimos da propia iniciativa municipal; a transferencia, formalizaríase nun contrato administrativo caracterizado pola única limitación dun estricto cumprimento dos dereitos laborais e o fomento do emprego digno, fiscalizándose este aspecto a través dun protocolo de avaliación contrastada na que participen os seus propios traballadores/as.