O procedemento comezará esta tarde coa celebración dunha asemblea aberta informativa e continuará ata mañá a través dun espazo de participación on-line.
Cada un dos inscritos terá acceso á documentación e poderá decidir co seu voto a posición de Vilalba Aberta diante dos mesmos.
Dende a asemblea de Vilalba Aberta queremos impulsar un proceso participativo co fin de abrir os Orzamentos Municipais ao conxunto da veciñanza e decidirmos a nosa postura na sesión extraordinaria, a celebrar o vindeiro venres día 6.
O proceso iniciarase esta tarde ás 20:00 horas, coa celebración dunha Asemblea Aberta Informativa no Salón de Actos da Biblioteca Municipal e continuará a través dun espazo de participación on-line ata as 24:00h de mañá xoves.
Pretendemos pois, nin máis nin menos que poñer en coñecemento dos veciños e veciñas de Vilalba a proposta marco que, aos diferentes grupos con representación no Concello, o Goberno Municipal nos fixo chegar ao longo desta semana e que sexan eles os que, deste xeito, decidan sobre a postura que o compañeiro Modesto defenderá no Pleno relativo á súa aprobación.
Para participar, abonda con que te inscribas completando un sinxelo formulario e nuns minutos poderás atopar na bandexa de entrada do teu correo electrónico o conxunto da documentación explicativa dos Orzamentos a fin de ollala no seu total ou priorizar nas áreas que sexan do teu interese. Acto seguido cada un dos inscritos poderedes participar,se así o considerades, na Consulta Telemática relativa ao Procedemento de aprobación dos Orzamentos Municipais 2016, a fin de decidir con voso voto a posición de Vilalba Aberta diante dos mesmos e que se pechará ás 12 da noite de mañá xoves 5 de Maio.
O sentido das votacións on-line será vinculante e sumaráse ás dos veciños/as que se pronuncien na asemblea aberta desta tarde. Uns veciños/as, que por razóns obvias, non poderán participar de novo nas votacións por internet. Por último lembrar que cómpre inscribirse para así ter recibido a documentación, xa que do contrario, o voto telemático non contabilizará a efectos de legalidade.
O sentido das votacións on-line será vinculante e sumaráse ás dos veciños/as que se pronuncien na asemblea aberta desta tarde. Uns veciños/as, que por razóns obvias, non poderán participar de novo nas votacións por internet. Por último lembrar que cómpre inscribirse para así ter recibido a documentación, xa que do contrario, o voto telemático non contabilizará a efectos de legalidade.
Neste sentido, e de producirse algún erro, non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do noso correo electrónico vilalbaberta@gmail.com ou directamente co compañeiro Modesto no Portal de Concelleiro que poderedes atopar premendo na marxe superior dereita deste sitio web.