O acordo de investimentos nas parroquias acadado por Vilalba Aberta co Goberno segue a materializarse. Desta volta a quenda foi para o remate dos traballos de pavimentación, conservación e limpeza de noiros no vial que lle da acceso ao núcleo de Fontechousa, na parroquia de Distriz.
En concreto, as obras tiveron lugar no tramo que comunica a estrada provincial LU-P-6511 con distintas vivendas no núcleo rural de Fontechousa e remata na estrada municipal codificada 065_034. Falamos, pois, dun dos camiños máis utilizados da parroquia, cun percorrido lonxitudinal de 1.305 metros e un ancho de 3,70 metros, no que se utilizou un aglomerado de 2,5 centímetros de espesor (un material que non se pode utilizar en todos os camiños do rural) apto para este vial.
“Dende Vilalba Aberta seguimos a traballar con responsabilidade e vontade de servir á xente, como eixos irrenunciables da labor de oposición seria e en positivo que aspiramos representar”, apuntou a este respecto o noso voceiro municipal, Modesto Renda.