O Vicealcalde e responsable de infraestruturas rurais Modesto Renda explicou hoxe en Samarugo o proxecto de reconstrucción da Ponte da Ribeira que o Concello de Vilalba remitirá á Confederación Hidrográfica – Miño Sil, así como á Dirección Xeral de Patrimonio para poder dar inicio ás obras.
Un traballo de meses de planificación que, cando as circunstancias climatolóxicas o permitan, dará solución permanente á actual situación de risco.
“Dende o día 1 da lexislatura tivemos claro que a obra era prioritaria e actuamos en consecuencia axilizando os trámites todo canto nolo permitiron os tempos da admistración”, explicou Renda.
O Concello deberá agora agardar polas dúas autorizacións sectoriais (a de patrimonio é precisa pola presenza dun cruceiro nunha marxe) e tomará medidas preventivas ata que se poida actuar.