Incontables foron as ocasións nas que, como portavoz de Vilalba Aberta na oposición, Modesto Renda denunciou que Vilalba non tivera orzamentos. Durante 4 anos, o noso Concello gobernouse coas contas prorrogadas do PP do ano 2019 e na pasada campaña electoral presentámonos diante da veciñanza con un compromiso claro: Se os veciños/as de vilalba nos daban a súa confianza e Vilalba Aberta estaba no goberno, habería orzamentos.
Dito e feito. Segundo ano de Vilalba Aberta no goberno, segundo ano de goberno de coalición e segundos Orzamentos Municipais aprobados en tempo e forma, en beneficio dos veciños/as.
“Como protavoz de VA, agora no goberno, non poido estar máis orgulloso do acadado e de que unha vez máis se poña de manifesto o que tantas e tantas veces defendín nesta sesión plenaria: que soamente un goberno estable que antepoña a política do diálogo e o acordo entre diferentes, pode dar resposta ás demandas dos veciños/as”, declarou Renda no Pleno de onte á tarde.
RESPONSABILIDADE, SERIEDADE E RIGOR PRESUPOSTARIO
Os orzamentos aprobados onte teñen un marcado carácter social; pero fundamentalmente son un exemplo de responsabilidade e de rigor presupostario. “Non gastar máis do que se ten. Unha máxima que coñecen ben as familias do noso concello e que nestes dous anos vimos aplicando tamén os que somos os seus representantes.” Declarou Renda.
O Vicealcalde explicou que, dos algo máis de 13 millóns de euros totais, 9.380.000 van para a prestación de servizos públicos, e 3.200.000 euros para gastos de persoal.
“En resumo, apenas 500.000 euros de libre disposición, isto é, suxeito de negociación política entre os grupos do goberno, dos cales o 80% se destinará ás subvencións nominativas a entidades sociais e deportivas, ás axudas de libre concorrencia para agrupacións culturais e ás subvencións nominativas das festas das parroquias”.
Por último, e no tocante aos investimentos, de novo serán as subvencións procedentes doutras administracións as que financien as necesarias obras. Este asunto foi así mesmo negociado entre o Goberno Local e o máis axiña posible daremos conta das actuacións que temos previstas para esta anualidade.