Destacan por elevadas a relativa á licenza de tenencia de animais potencialmente perigosos ou a de inscrición, modificación e cancelacións de unións de feito no rexistro municipal.
Vilalba Aberta levará ao Pleno Ordinario do vindeiro luns o debate das taxas municipais que foron modificadas na pasada lexislatura, pois algunhas das corrixidas no exercicio 2011-2015, sitúanse neste intre entre as máis elevadas en comparación cos municipios da nosa contorna.
Entre elas, destacan por abusivas a relativa á expedición ou renovación da licenza de tenencia de animais potencialmente perigososou a de inscrición, modificación e cancelacións de unións de feito no rexistro municipal, ámbalas dúas fixadas en 300 euros e cuxa modificación data de Xullo de 2012, momento no cal Vilalba Aberta non contaba con representación municipal.
Neste sentido, e ao tempo que compartimos e trasladamos a perplexidade e indignación de moitos veciños e veciñas que así no lo fixeron saber a través das nosas asembleas, interpelaremos ao Alcalde a fin de que responda da razón última da súa modificación e do porqué do mantemento de gastos superfluos mentres se lle está a cobrar aos veciños unha taxa de 300 euros que noutros concellos é de 0.