Os conflitos armados provocaron o pasado ano arredor de 59 millóns de refuxiados e desprazamentos internos. Familias desesperadas que arriscan as súas vidas para fuxir da miseria e a guerra.
Nesta situación, centos de miles de familias, foxen de Siria intentando entrar en Europa dende Libia polo Mediterráneo e cruzando as fronteiras de Serbia e Macedonia cara a Hungría e Grecia. As mortes no intento de cruzar o Mediterráneo ou as medidas restrictivas fronterizas que estamos vendo, son feitos que deben avergoñarnos e axitar as nosas conciencias.
Neste sentido, dende a asemblea de Vilalba Aberta queremos chamar a mobilización dos veciños e veciñas, do tecido asociativo así como das organizacións políticas e sindicais do noso Concello a fin mostrar a nosa solidariedade coa poboación refuxiada e a parte de deixar clara a nosa discoformidade con respecto ao papel que tanto o Goberno do Estado coma as Institucións Europeas están a asumir no contexto deste drama humanitario; reclamar coma veciñ@s que tanto o Alcalde coma o equipo de goberno se poñan a traballar tamén a nivel local para dar solucións a esta problemática pola vía da adhesión do Concello de Vilalba á rede de concellos-refuxio que se está a impulsar dende diversas vilas e cidades do País e do conxunto do Estado.
EN SOLIDARIEDADE COA POBOACIÓN REFUXIADA!
VILALBA CONCELLO-REFUXIO!!
POR HUMANIDADE, POR XUSTIZA!!!
Agardámosvos a todas e a todos o vindeiro luns 14 de Setembro a iso das 20:00h diante do Concello!