Renda censura que o goberno do PSOE teña paralizado o PXOM “igual que facía o PP”

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, denunciou hoxe diante a prensa a “parálise administrativa” en relación coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) por parte do goberno do PSdeG no Concello de Vilalba. Unha interpelación pública que, tal e como explicou, chega logo de “20 meses de inacción municipal”, ao respecto dun…

Vilalba Aberta levará a Pleno o soterramento gradual do cableado das fachadas comezando polas do casco histórico

Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova iniciativa de cara ao vindeiro Pleno Ordinario de Setembro. Unha proposición, que o noso voceiro municipal, Modesto Renda, anunciou xa que defenderá acompañada dunha interpelación á Alcaldesa e ao voceiro e ex alcalde do PP de Vilalba, Agustín Baamonde, en relación co destino das subvencións para a renovación…

Rexistramos unha petición de dimisión contra o Alcalde por mentir ao respecto da nave de Sancovade

Vilalba Aberta, en votación de urxencia da súa asemblea, aprobou por unanimidade a presentación dunha moción de reprobación contra o Alcalde, Agustín Baamonde, a fin de defendermos no vindeiro Pleno unha petición en firme de dimisión tanto ao rexedor coma ao responsable de urbanismo no Goberno de Vilalba. Unha decisión, que atopa explicación na nosa…

Levaremos ao Alcalde á xustiza se non fai entrega do conxunto da documentación en relación á nave de Sancovade

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de presentar unha resolución de urxencia no Concello, coma consecuencia á total ausencia de resposta á solicitude que, hai aproximadamente un mes, esixíamos por rexistro en relación á nave/desguace de Sancovade e na que se requiría por escrito a entrega de todo canto no último ano entrou e…

Propoñemos unha Comisión de Seguimento que controle a redacción do PXOM fronte a parálise dos últimos 15 anos

No pasado Pleno Ordinario de Xaneiro, e coa única abstención de Vilalba Aberta, a Corporación Municipal de Vilalba aceptaba por unha ampla maioría que a empresa encargada da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (Eptisa) lle  cedera ese cometido a outra, logo dun cambio de titularidade que implicaba que os novos responsables decidisen desprenderse…

Esiximos responsabilidades logo do fatal suceso acaecido no desguace que Baamonde asegurara “non ter actividade”

A asemblea de Vilalba Aberta emitiu o pasado venres unha comunicación de urxencia, logo do fatal accidente que tivo lugar no interior do mesmo desguace que o Alcalde asegurara non necesitar de ningún tipo de licenza por parte do Concello, ao non albergar xa actividade algunha. Un tráxico suceso que, entendemos, esixe da inmediata comparecencia do…

Esixmos a comparecencia de Baamonde logo do cambio de actividade en terreo rústico dunha empresa en Sancovade

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de solicitar con motivo de urxencia a comparecencia do Alcalde, Agustín Baamonde, logo de contrastarmos a situación de absoluta irregularidade que se deriva do cambio de actividade que sucedeu ao cese e posterior venta dos terreos e a nave sobre a que se asentaba unha antiga empresa de…