Denunciaremos ante o pleno o abusivo de varias taxas modificadas na pasada lexislatura

Destacan por elevadas a relativa á licenza de tenencia de animais potencialmente perigosos ou a de inscrición, modificación e cancelacións de unións de feito no rexistro municipal. Vilalba Aberta levará ao Pleno Ordinario do vindeiro luns o debate das taxas municipais que foron modificadas na pasada lexislatura, pois algunhas das corrixidas no exercicio 2011-2015, sitúanse neste intre entre as…

Presentaremos unha proposta ao Pleno co fin da protección e convivencia animal no Concello

A proposta, que conta con 10 capítulos e máis de 35 artigos e disposicións, nace dunha redacción compartida xunto a colectivos e veciños/as vinculados á loita animalista e está inspirada na Declaración Universal dos Dereitos do Animal. Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de facer público un borrador de Ordenanza a presentar no pleno do…

Esiximos o cumprimento do acordado a respecto da adaptación dos parques de xogos a nenos/as con diversidade funcional

Logo de tres meses da súa aprobación e en base á denuncia dunha veciña nai dunha nena con diversidade funcional, levaremos de novo esta problemática ao pleno co fin de que os nosos parques infantís conten con criterios de accesibilidade universal. O custo da adaptación atópase dentro dun rango orzamentario perfectamente asumible para este tipo…

Instamos ao Concello a actuar diante da ondada de bolsas de estudos en risco a consecuencia da revisión catastral

A suma dos valores catastrais superará nunha boa parte dos fogares das parroquias o límite marcado para a súa percepción.Tomamos a iniciativa a fin de que o Goberno Municipal asuma diante das familias afectadas o que as súas políticas están a provocar noutras administracións. No intre no que a actualización do Catastro de Rústica teña rematado,…

Preguntaremos polas deficiencias na iluminación da rotonda da Grandisca e de varias rúas da vila

Esiximos contrastar que accións prevé o Goberno Municipal para poñer fin á situación de inseguridade que se deriva e coñecer as causas de que non se fose quen de dar resposta ás necesidades da veciñanza nesta materia. As deficiencias estruturais e o mal estado de conservación da rede viaria galega confírmanse cos informes sobre o estado…

Defenderemos dende o pleno a nosa declaración coma Municipio oposto ao TTIP

A súa aplicación implicaría a total privatización de servizos aínda pertencentes ao ámbito municipal, ademais de pechar as portas a calquera tentativa de remunicipalización. No plano dos dereitos laborais, preocupa o feito de que o TTIP apoie a eliminación dos dereitos de folga, do dereito de sindicación e o fin da negociación colectiva. O compañeiro…

Vilalba Aberta participará o vindeiro sábado nun encontro de mareas municipalistas na Estrada

A convocatoria, realizada de xeito conxunto por diferentes procesos municipalistas de toda Galiza, aspira a ser unha primeira toma de contacto para a posta en marcha dun proceso de confluencia para as vindeiras Eleccións ao Parlamento Galego. Este sábado 16 de Xaneiro e na pontevedresa vila da Estrada, terá lugar unha primeira xuntanza, que se…