Vilalba Aberta pide explicacións polo estado da estrada que une o empalme coa Feira do Monte ao seu paso por Vilalba

Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova interpelación á Alcaldesa. A solicitude, que atopa fundamento no deplorable estado da estrada provincial LU-P-6501 ao seu paso por Vilalba, chega logo de que a Deputación Provincial actuara sobre o firme do tramo pertencente ao Concello de Cospeito, ficando, un ano máis, o pertencente ao Concello de Vilalba…

Vilalba Aberta retomará en Corbelle a súa xeira de xuntanzas “parroquia a parroquia”

Vilalba Aberta anunciou hoxe a volta da súa pioneira iniciativa “Rede de Parroquias”. Suspendida pola aparición da Covid no mes de Marzo de 2020, estamos a falar dunha serie de encontros “parroquia a parroquia” deseñados pola nosa asemblea co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural e incorporalas, logo, á…

Vilalba Aberta reclama novas paradas do servizo de transporte escolar para as parroquias

Vilalba Aberta segue a tomar a iniciativa de cara ao Pleno Ordinario de Setembro. Así, o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretende facer súas as demandas das familias do rural vilalbés, en relación co necesario incremento da dotación de paradas do servizo de transporte escolar para as parroquias. Unha…

Vilalba Aberta propón un proxecto de permutas voluntarias de terras agrícolas entre particulares

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario unha iniciativa para a reorganización da propiedade rural a través de permutas. A proposta, cuxo obxectivo é o de mellorar a rendibilidade da superficie agrícola do concello, subvencionaría, ademais, ata un 75% dos gastos notariais a aqueles veciños/as aos que, voluntariamente, lles interesara intercambiar as súas fincas. Dende…

Renda ofrece ao PSOE pactar que os fondos do canon eólico se destinen ás parroquias no que resta de lexislatura

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario que a aplicación orzamentaria do Fondo de Compensación Ambiental – que financia o Canon Eólico – reverta directamente nas parroquias, no que resta de lexislatura. Unha proposta que dende o noso Grupo Municipal se entende como “prioritaria e de xustiza” e que figuraba xa no acordo de mínimos entre PSOE…

Vilalba Aberta leva a Pleno a débeda do Concello con veciños en relación coas carpas das festas das parroquias

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de anunciar que fará súas as reivindicacións de varias parroquias e levará a Pleno o pagamento das carpas alugadas con vistas á celebración das patronais do 2019.   Unha interpelación directa á Alcaldía, que definimos como urxente, pois, foi rexistrada logo meses de reclamacións por parte dos veciños/as que,…

Vilalba Aberta pide o cumprimento da ordenanza que regula a actividade madeireira no Concello

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de anunciar que levará a Pleno o cumprimento dunha das ordenanzas de maior transcendencia para a veciñanza das parroquias, isto é: a nº 47, reguladora do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais do Concello de Vilalba. O…

Vilalba Aberta levará a Pleno as deficiencias nas labores de roza en beiravías e cunetas de competencia municipal

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa de cara á vindeira sesión ordinaria de Setembro. Faino desta volta, co obxectivo de que o equipo de goberno dea conta diante da veciñanza ao respecto dos criterios, actuacións e calendario dos traballos de roza e limpeza de beiravías e cunetas no conxunto da rede…

Vilalba Aberta propón a ordenación das actuacións sobre as pistas das parroquias fronte a ineficacia da “política de rebacheo”

Vilalba Aberta segue a presentar iniciativas de cara á vindeira sesión ordinaria de Setembro. Un Pleno, a celebrar o vindeiro xoves día 1 de Outubro, no que as problemáticas das parroquias volverán estar presentes a iniciativa de Vilalba Aberta, logo das múltiples queixas e denuncias veciñais en relación ás deficientes actuacións do Goberno Municipal nas…