Vilalba Aberta acusa a Fomento de xogar coa seguridade dos vilalbeses/as e lamenta o silencio do PP e o PSOE locais

Os veciños/as de Vilalba xa temos unha resposta, en relación ás deficiencias en materia de seguridade viaria na rotonda que une a autovía de Ferrol-Vilalba (AG-64) e A-8, isto é: a coñecida coma “da Grandisca”. Unha realidade – derivada da total ausencia de iluminación – que dende Vilalba Aberta levamos en repetidas ocasións ao Pleno…

Vilalba Aberta insta ao Concello a actuar diante do lamentable estado dunha das beirarrúas de Alcalde Fraga Bello

Vilalba Aberta volve facer súa unha nova reivindicación veciñal, neste caso relativa ao deplorable estado dunha das beirarrúas da céntrica Rúa Alcalde Fraga Bello. A denuncia, que chegou á nosa asemblea o xoves da pasada semana, foi xa pertinentemente rexistrada no Concello e será no vindeiro Pleno Ordinario Xaneiro, cando ao Goberno Municipal lle toque…

Esiximos un desconto equivalente a un mes da Taxa de Pasaxe de Vehículos para os afectados polas obras en San Roque

Vilalba Aberta fará súas as reivindicacións da veciñanza da Rúa San Roque, logo de termos coñecemento das molestias relativas á imposibilidade do acceso aos garaxes privados durante as máis de catro semanas de obras. Unha limitación de máis dun mes de duración que, ao noso xuízo e na liña do reivindicado pola veciñanza afectada, esixe…

Advertimos da nosa “frontal oposición” á posibilidade dunha zona azul de pago e xestionada por unha empresa privada

A nosa reacción á posibilidade de que unha empresa privada se faga coa adxudicación da zona azul da Rúa da Pravia non se podía facer esperar. Neste senso, e a través dunha comunicación de urxencia á prensa, Vilalba Aberta manifestaba esta mañá a súas reservas diante do feito – desvelado antonte polo Alcalde – de que…

Instamos ao Concello a actuar diante das deficiencias na sinalización viaria do Polígono

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar o rexistro dunha unha nova iniciativa – a debater no Pleno Ordinario deste xoves – co obxectivo dunha solución integral ás continuadas problemáticas relativas á deficiente sinalización viaria no Polígono Industrial de Sete Pontes. Tal e como denunciamos na comunicación que hoxe remitimos á prensa, no…

Levaremos ao Pleno a mellora do firme da Rúa do Lameirón na saída cara a de Ribadeo

Dende a asemblea de Vilalba Aberta trasladaremos ao vindeiro Pleno Ordinario de Marzo as reivindicacións dos veciños/as da Rúa do Lameirón, relativas ás continuadas deficiencias no estado do seu firme. Un calexón, cuxa saída cara a Rúa de Ribadeo padece inverno tras inverno as consecuencias das primeiras augas e a continuada aparición de fochancas producidas…

Presentamos unha proposta de cobertura municipal co fin de garantir as liñas de autobús suprimidas pola Xunta

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar a nosa derradeira iniciativa, a defender no vindeiro Pleno Ordinario de Novembro. Unha decidida resposta á inacción do Goberno Municipal, logo de que Xunta de Galicia implantase, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a última fase do seu Plan de Transporte co cese na…