Vilalba Aberta escoita ás traballadoras da axuda no fogar e toma a iniciativa para mellorar as súas condicións laborais
Vilalba Aberta reclamará no vindeiro Pleno a mellora das condicións laborais no Servizo de Axuda no Fogar. Así o anunciou Modesto Renda á saída dunha reunión programada polo noso Grupo Municipal co fin de escoitar e coñecer de primeira man o marco de reivindicacións das traballadoras. “As traballadoras do SAF levan loitando moitos anos pola…