O vindeiro venres 17 de Xullo as mareas chegan a Vilalba coa presenza no noso concello dos compañeiros de Compostela Aberta, Marea Atlántica e Xunt@s por As Pontes.
Candidaturas cidadás, sen lugar a dúbidas, punta de lanza da revolución democrática que se está a producir tanto no País coma no conxunto do Estado e que quixeron vir debatir con nós en tanto que compañeiros dun mesmo movemento municipalista así coma dun proceso de cambio real social e político, pensado por e para a cidadanía.
O debate, que estará moderado polo compañeiro Modesto Renda, terá lugar a iso das 20h nas escaleiras da Praza da Constitución e está proxectado para que, máis alá do lóxico contraste de opinóns e experiencias, todas e todos vos sexades os verdadeiros protagonistas e poidades facer cantas preguntas e observacións vexades oportunas aos distintos poñentes entre os cales figura o noso compañeiro Marcos Maoxu, Florentino Balado en representación de Compostela Aberta, Marcial Blanco e Mónica Balado pola Marea Atlántica así coma María Blanco e Jéssica Fernández de Xunt@s por As Pontes.