O custo da campaña de Vilalba Aberta foi de 944€ repartido entre cartaces, publicidade, dípticos informativos, etc… todo o necesario para facernos ver e oír tanto na vila coma nas parroquias, demostrando grazas ao apoio de toda esa xente que entende dun xeito diferente a vida política e social así coma ao compromiso de decenas de persoas que asumiron a responsabilidade de traballar día e noite cunha boa dose de sacrificio persoal e familiar que, para levar a voz dos veciñ@s ás institucións, non é necesario depender de campañas a nivel estatal reféns dos bancos e dos lobbies empresariais.
Finalmente, non poden esquecérsenos todas as persoas anónimas que colaboraron, ben repartindo panfletos ou pegando carteis, ben quedándose na casa coidando dos nosos fillos e os nosos maiores, para que puidésemos conseguir sacar adiante este proxecto. Mil grazas a tod@s polo apoio e mil grazas a tod@s os que fixestes posible que Vilalba Aberta sexa unha realidade. Si se Pode! Xunt@s ímolo conseguir. Continuemos a traballar, porque lles imos gañar!