Vilalba Aberta convoca unha protesta pola situación límite do servizo de pediatría e contra os recortes no Centro de Saúde

Vilalba Aberta segue a facer presión ao respecto da necesidade de reverter os recortes no Centro de Saúde. Logo de sacarmos adiante varias iniciativas no Pleno en relación coa insostible situación da atención primaria no municipio, vimos de anunciar a convocatoria dunha acción de protesta en contra do desmantelamento do servizo de pediatría e na…

O acordo que VA acadou co goberno comeza a executarse co arranxo de 17 pistas por valor de 300.000€

Sae a licitación a renovación dos primeiros accesos e vías nas parroquias, froito do último acordo entre o Goberno e VA. Un desbloqueo “máis que fundamental en materia de investimentos” en palabras do noso voceiro, Modesto Renda, quen lembrou que, sen este acordo “o Concello non tería apenas marxe para executar” (as contas continúan prorrogadas…

VA “perplexa” coa instalación a 6 meses das eleccións da pista de xeo que o PSOE tildaba de “moi cara” en 2019

Vilalba Aberta vén de facer pública a súa absoluta perplexidade coa última decisión da Alcaldesa. E fíxoo logo de analizar polo miúdo a acta da última xunta de goberno e na que o executivo municipal (PSOE) ven de dar luz verde á instalación dunha pista de xeo para o Nadal. Unha iniciativa que o noso…

VA mostra o seu apoio ó Alcalde de Sada fronte á moción de censura dos tránsfugas de PP e PSOE

Vilalba Aberta vén de trasladar o seu total apoio a Benito Portela, alcalde de Sada, e á organización municipalista Sadamaioría diante da moción de censura que un pacto entre tránsfugas acaba de levar a cabo. Un apoio que materializaremos a través dunha proposta de declaración institucional de rexeitamento dunha manobra, o transfuguismo, que vai contra…

Vilalba Aberta levará a Pleno as demandas dos veciños/as da parroquia de Noche

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades das parroquias. Logo dunha comunicación coa Asociación Cultural e Recreativa Nausti, o noso Grupo Municipal vén de anunciar o rexistro dunha nova solicitude ao goberno demandando o arranxo de varios viais de titularidade municipal en Noche. Así, e tal e como explicou o noso voceiro, Modesto Renda,…

Vilalba Aberta advirte que os pasos provisionais da rúa da Pravia non son accesibles a cadeiras de rodas

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova solicitude de cara ao Pleno Ordinario de Novembro. O obxectivo? Garantir a correcta mobilidade dos veciños/as dependentes e/ou con mobilidade reducida durante o tempo que duren as obras na rúa da Pravia. Así o confirmou o noso voceiro municipal, Modesto Renda, logo de contrastar…

Vilalba Aberta propón eximir do ICIO ás obras de eficiencia enerxética e eliminación de barreiras arquitectónicas

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta levará ao pleno de Novembro unha proposta de modificación da Ordenanza Fiscal nº 4. O obxectivo? Eximir do pagamento do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) a aqueles veciños/as que aposten por instalacións de enerxías renovables nas súas vivendas ou edificios. Unha nova iniciativa  que, tal e como…

Vilalba Aberta denuncia que a política de subvencións do PSOE “perpetúa o caciquismo e os presupostos do PP”

Vilalba Aberta ven de facer de novo publica a súa “frontal oposición” á súa proposta de subvencións nominativas aprobadas polo goberno. Unha relación de gastos (278.600€) que requiría do consentimento da maioría absoluta do Pleno e que o PSOE – sen negociación nin pacto – conseguiu sacar adiante pola vía da convocatoria dunha sesión extraordinaria…

Vilalba Aberta abandona o pleno ao non permitir o goberno que se votaran 2 das súas iniciativas

Os concelleiros de Vilalba Aberta abandonaron onte o Pleno como resposta á conversión das iniciativas da oposición en simples rogos sen votación nin debate, en base ao ordeno e mando da Alcaldesa. Un intento desesperado de silenciar á oposición, que tal e como explicou o noso voceiro municipal, Modesto Renda, “deixa en mas da alcaldesa…

Vilalba Aberta incorpora a pista de Barbeitas (Sancovade) á lista de vías a arranxar que proporá ao goberno

Vilalba Aberta volve saír ao paso das necesidades das parroquias. Logo dunha visita a Sancovade, o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretende dar resposta ás demandas dos veciños/as, pola vía do arranxo do vial municipal coñecido como Pista de Barbeitas.    O tramo, que conecta o barrio do mesmo nome…