O PP de Vilalba rexeita a proposta de consenso de PSOE e Vilalba Aberta sobre a situación da térmica das Pontes

O Pleno Extraordinario ao respecto da situación da Central Térmica de As Pontes celebrado hoxe en Vilalba, rematou sen acordo logo de que o Grupo Municipal Popular rexeitara a proposta de consenso firmada polos voceiros de PSOE e Vilalba Aberta. Unha emenda á moción orixinariamente presentada polo PP que tanto a voceira socialista, Marta Rouco,…

Consulta o acordo de mínimos entre o PSOE e Vilalba Aberta para un Goberno de Coalición en Vilalba

Acordo 1. Prioridade orzamentaria e municipal para a primeira fase do Centro de Día. Acordo 2. Negociación das condicións coa Xunta de Galicia e outras administracións, con vistas á construción dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais.      Acordo 3. Atención inmediata á problemática relativa á concesión do Servizo de Axuda no Fogar e á…

Denunciamos por terceiro ano consecutivo o sulfatado indiscriminado con Glifosato no Concello

Dende a súa aparición na primeira liña da política vilalbesa, a asemblea de Vilalba Aberta considerou sempre coma inaprazable a cuestión de facer bandeira da definitiva prohibición do uso non agrario de herbicidas con Glifosato por parte do Concello. Unha política de sulfatado, a do Goberno de Vilalba, que inclusive mereceu hai agora dous anos…

Instamos ao Concello a actuar diante das deficiencias na sinalización viaria do Polígono

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar o rexistro dunha unha nova iniciativa – a debater no Pleno Ordinario deste xoves – co obxectivo dunha solución integral ás continuadas problemáticas relativas á deficiente sinalización viaria no Polígono Industrial de Sete Pontes. Tal e como denunciamos na comunicación que hoxe remitimos á prensa, no…

Emendamos os Orzamentos pola vía dun Plan de Racionalización de Gasto a fin de reforzar emprego e medio rural

Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de dar a coñecer a nosa postura perante os Orzamentos presentados polo Goberno Municipal de cara á aprobación das contas do Concello para o exercicio 2018. Neste senso, e logo de definirmos de “vergoña institucional” a falta de seriedade exhibida polo Alcalde ao fixar o debate orzamentario nun…

Urximos ao Concello á instalación dun punto de recollida de plásticos agrícolas por parroquia

Vilalba Aberta instará ao Goberno a habilitar un lugar específico para que os veciños/as das parroquias poidan depositar os residuos plásticos derivados do uso agrícola, evitando así que este tipo de materiais acaben abandonados ou en contedores que non son os máis apropiados para favorecer a reciclaxe. Unha proposta de urxencia, con vistas á súa…

Rexistramos unha petición de dimisión contra o Alcalde por mentir ao respecto da nave de Sancovade

Vilalba Aberta, en votación de urxencia da súa asemblea, aprobou por unanimidade a presentación dunha moción de reprobación contra o Alcalde, Agustín Baamonde, a fin de defendermos no vindeiro Pleno unha petición en firme de dimisión tanto ao rexedor coma ao responsable de urbanismo no Goberno de Vilalba. Unha decisión, que atopa explicación na nosa…