Vilalba Aberta insta á Xunta a “non volver deixar fora das axudas para a mellora de viais ao Concello de Vilalba”

Vilalba Aberta volve saír na defensa dos intereses do rural. O portavoz da formación e actual Vicealcalde do Concello de Vilalba, Modesto Renda, rexistrou hoxe unha iniciativa dirixida á Xunta de Galicia, a fin de que a administración autonómica non volva excluír ao Concello de Vilalba das axudas para rehabilitación de camiños en zonas de…

Vilalba Aberta organiza un acto sobre Saúde Mental e reivindica que sexa “un piar” no sistema público de saúde

Vilalba Aberta quere poñer no foco da política local a cuestión da Saúde Mental. Así o manifestou hoxe o portavoz da formación e actual Vicealcalde do Concello de Vilalba, Modesto Renda. Acompañado pola concelleira María Xosé Fernández e os membros da Coordinadora da formación municipalista Ana Paredes e Zeus Seijo, Renda presentou diante do Centro…

Renda rehabilita un camiño agrícola polo que os veciños de Sancovade levaban 20 anos agardando

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a rehabilitación total do camiño agrícola que une os barrios da Frouxeira e Paxán, en Sancovade. Esta actuación levaba sendo reivindicada polos veciños da parroquia dende había máis de 20 anos e o custe total desta obra ascendeu ós 22.022,00€ procedentes na totalidade de fondos municipais. Renda, contrastou coa…

Renda cumpre cos veciños de Román e presenta o agardado aparcadoiro público ao carón do cemiterio da parroquia

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe o remate dunha das obras máis agardadas por parte da veciñanza de Román. Un aparcadoiro público, de 1.970 metros cadrados de extensión, co que o Concello dará solución á situación de risco que se producía no barrio da Igrexa, cando os veciños se vían obrigados a estacionar os seus…

Os cambios de Renda á fronte do urbanismo reducen os tempos para a obtención de licenzas en 5 meses no último ano

O Vicealcalde e responsable de Urbanismo Modesto Renda deu conta hoxe dos resultados do que fora o seu primeiro cambio no departamento (efectuado a comezos da presente lexislatura) isto é: a supresión da antiga Comisión Informativa e a súa substitución por unha especial do Plan Xeral. Unha decisión tomada «de común acordo» cos servizos técnicos municipais co ánimo de…

Tamara Rodríguez renunciará á acta de concelleira e deixará o goberno por “motivos de conciliación laboral e familiar”

A Concelleira de Cultura, Tamara Rodríguez,  anunciou este martes a súa “firme intención” de renunciar á acta de concelleira e ao seu posto no Goberno Local “por motivos de conciliación laboral e familiar”. E fíxoo arroupada polos seus compañeiros en Vilalba Aberta, incluído o portavoz municipal e Vicealcalde, Modesto Renda e a número 2 da…

Renda anuncia o vindeiro cambio de dirección da Rúa da Pravia co fin de favorecer ao comercio e hostalería locais

O Vicealcalde e responsable de mobilidade do Concello de Vilalba, Modesto Renda, presentou hoxe os resultados e as conclusións do Estudo de Reordenación do Tráfico, encargado con vistas ao cambio do sentido circulatorio da Rúa da Pravia. Acompañando da responsable da empresa redactora, Silvia Pérez, Renda explicou que o máis destacado dos traballos de campo…

Modesto Renda escoitará aos veciños do casco urbano “rúa por rúa” tal e como xa viña facendo coas parroquias do rural

O Vicealcalde e responsable de Mobilidade, Modesto Renda, anunciou hoxe a súa decisión de replicar no casco urbano o que dende hai un ano ven facendo nas parroquias do rural vilalbés. Reunirse coa veciñanza “rúa por rúa”, expoñer o diñeiro co que conta o Concello e que sexan os propios veciños/as os decidan as prioridades.  …

Modesto Renda, Tamara Rodríguez e Mª Xosé Fernández presentan a programación do ciclo Emprazadas

O Vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, e as concelleiras de Cultura e Turismo, Tamara Rodriguez e Mª Xosé Fernández, presentaron hoxe a programación de primaveira e verán da iniciativa Emprazadas. Unha decidida e ambiciosa aposta cultural para o Centro Histórico, que naceu complementaria do “Plan de Posta en Valor da Praza de Santa María». En…

Tamara Rodríguez valorou “moi positivamente” un FIV 2024 que trouxo grande retorno económico e aforro ás arcas municipais

A Concelleira de Cultura Tamara Rodríguez e mailo Director da promotora galega “I-radia Crea” Carlos Montilla fixeron balance da XVII Edición do FIV de Vilalba celebrada dende o venres ó sábado da pasada semana. O IMPACTO ECONÓMICO EN DATOS Cos abonos e as entradas esgotadas, o festival acolleu a case 6.000 persoas entre ámbalas dúas…