Vilalba Aberta reclama novas paradas do servizo de transporte escolar para as parroquias

Vilalba Aberta segue a tomar a iniciativa de cara ao Pleno Ordinario de Setembro. Así, o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova iniciativa coa que pretende facer súas as demandas das familias do rural vilalbés, en relación co necesario incremento da dotación de paradas do servizo de transporte escolar para as parroquias. Unha…

Vilalba Aberta presenta as súas liñas de actuación para o novo curso político no Concello

Os concelleiros de Vilalba Aberta, Modesto Renda e Mª Xosé Fernández, avanzaron este sábado as liñas de traballo que levarán adiante no comezo do novo curso político. Así, acompañados por varios membros da asemblea de VA, os nosos edís explicaron polo miúdo os  eixos de actuación a través dos que pretenden contribuír, dende o exercicio…

Vilalba Aberta asina co Goberno un acordo por valor de 1.414.544,07€ para financiar as axudas a autónomos, mellorar as vías do rural e a accesibilidade no núcleo urbano

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta e o Grupo de Goberno no Concello de Vilalba (PSOE) veñen de asinar un acordo que subscribe a votación favorable no pleno extraordinario que se celebrará mañá, xoves 5 de agosto, para a incorporación de remanentes de tesourería co obxectivo de financiar unha serie de actuacións consensuadas por ambas…

Vilalba Aberta levará a pleno a situación laboral das traballadoras da limpeza nos colexios

Vilalba Aberta volve saír ao paso da situación laboral das traballadoras do servizo de limpeza en colexios e instalacións municipais. Logo de censurar a aposta do goberno do PSOE polo “mesmo modelo de xestión privada do PP”; o noso Grupo Municipal vén de rexistrar unha nova petición de comparecencia tanto da Alcaldesa como do edil…

Vilalba Aberta propón un convenio co IGVS para a cesión das prazas de aparcamento non adxudicadas nas Pedreiras

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario unha iniciativa encamiñada a dar resposta ás demandas da veciñanza, en relación coa necesidade de espazos para o aparcamento no casco urbano. Unha primeira proposta, focalizada na procura de alternativas de estacionamento para os veciños/as residentes da zona vella que, tal e como se apunta dende o noso…

Vilalba Aberta propón un proxecto de permutas voluntarias de terras agrícolas entre particulares

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario unha iniciativa para a reorganización da propiedade rural a través de permutas. A proposta, cuxo obxectivo é o de mellorar a rendibilidade da superficie agrícola do concello, subvencionaría, ademais, ata un 75% dos gastos notariais a aqueles veciños/as aos que, voluntariamente, lles interesara intercambiar as súas fincas. Dende…

Vilalba Aberta levará a pleno a necesidade dunha relación de postos de traballo no Concello

Vilalba Aberta ven facer público o rexistro dunha nova iniciativa de cara ao Pleno Ordinario de Xullo. A proposta, que tal e como explicou diante da prensa o noso Grupo Municipal, ten como obxectivo “rematar cos continuados atrasos administrativos, así como cos que día a día se producen na propia xestión dos servizos prestados polo…

Renda ofrece ao PSOE pactar que os fondos do canon eólico se destinen ás parroquias no que resta de lexislatura

Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario que a aplicación orzamentaria do Fondo de Compensación Ambiental – que financia o Canon Eólico – reverta directamente nas parroquias, no que resta de lexislatura. Unha proposta que dende o noso Grupo Municipal se entende como “prioritaria e de xustiza” e que figuraba xa no acordo de mínimos entre PSOE…