A #RutaEnMarea chega este xoves a Vilalba co deputado no Parlamento Galego, Antón Sánchez; o candidato nº3 da lista por Lugo ao Congreso, José M. Pérez Afonso; a eurodeputada Lidia Senra; o cabeza de lista da Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello e o noso concelleiro e candidato ao Senado, o compañeiro Modesto Renda.
Nacemos da pluralidade, de diferentes visións, de distintos ollares. Somos resposta ante as agresións. A unión de quen quere camiñar xuntas, para procurar solucións comúns.
Acreditamos na necesidade de explorar novos espazos colectivos, de artellarnos na diversidade, de cooperar e construír en común.
En Marea construímos un futuro para decidir soberanamente entre todas e todos. En Marea queremos dar vida a un país novo, a unha democracia real, a unha vida mellor.
En Marea, para mudalo todo. Para que nada siga igual. Lembrade, agardámosvos a todas e a todos ás 20:00h do vindeiro xoves 17 no salón de actos da Biblioteca Municipal!