Acordo 1. Prioridade orzamentaria e municipal para a primeira fase do Centro de Día.
Acordo 2. Negociación das condicións coa Xunta de Galicia e outras administracións, con vistas á construción dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais.
Acordo 3. Atención inmediata á problemática relativa á concesión do Servizo de Axuda no Fogar e á situación laboral das súas traballadoras.
Acordo 4. Servizo municipal de transporte escolar público. Solución provisional para o curso 2019/2020, a fin do traslado do alumnado aos centros escolares.
Acordo 5. Novas bases de licitación da concesión da recollida de Residuos Sólidos Urbanos e mellora da xestión da recollida de lixo nas parroquias, incluíndo a recollida selectiva dos plásticos de uso agrícola.
Acordo 6. Compromiso de que os fondos correspondentes ao Canon Eólico revertan directamente nas Parroquias.
Acordo 7. Seguimento continuado, a fin do necesario control da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Acordo 8. Fin da anterior política de sulfatado municipal, pola vía da prohibición do uso non agrario de herbicidas con Glifosato e aposta por métodos mecánicos (desbroce).
Acordo 9. Delimitación dunha partida específica destinada aos Orzamentos Participativos, dentro do Orzamento Xeral do Concello de Vilalba.
Acordo 10. Presentación dun Regulamento de Participación Veciñal consensuado e emisión dos Plenos Municipais.