O modelo de oposición en positivo de Vilalba Aberta segue a dar resultados. Logo de desbloquear as axudas a autónomos, a tramitación das subvencións nominativas e arrincar do goberno un investimento de arredor de 800.000€ nas parroquias, o noso Grupo Municipal vén de acadar outro dos seus obxectivos centrais da lexislatura, isto é: a posta en marcha da zona azul de balde como fórmula de regulación do estacionamento.
Apoiada por todos os grupos políticos no Pleno Ordinario de Maio, a iniciativa de Vilalba Aberta aplicarase co obxectivo de pór fin á problemática do aparcamento no casco urbano e regular o estacionamento na Rúa da Pravia; na Rúa Placido Peña ata a intersección da Rúa das Pontes; na Rúa Campo de Puente ata Domingo Goás, e na Rúa José María Chao Ledo ata a intersección coa Rúa Guitiriz.
O horario será de luns a sábado de 09:00 a 14:00 horas, estando permitido o estacionamento de xeito gratuíto nun período máximo de noventa minutos.
Así mesmo, a medida proxéctase complementaria doutro dos “cabalos de batalla” de Vilalba Aberta, isto é: a necesaria regulación do aparcadoiro subterráneo da Praza da Constitución.
Un proxecto do que nada se sabía un despois do seu anuncio e que agardamos, o máis axiña posible se vincule a prazos de licitación e execución.
“Urxía pór fin á problemática do estacionamiento no casco urbano e conseguímolo con traballo, iniciativa e consensos”, declarou a este respecto o noso voceiro municipal, Modesto Renda.