A Concelleira de Cultura Tamara Rodríguez e mailo Director da promotora galega “I-radia Crea” Carlos Montilla fixeron balance da XVII Edición do FIV de Vilalba celebrada dende o venres ó sábado da pasada semana.
O IMPACTO ECONÓMICO EN DATOS
Cos abonos e as entradas esgotadas, o festival acolleu a case 6.000 persoas entre ámbalas dúas xornadas que acudiron ós concertos programados no Escenario “Vibra Mahou” e “Emprazadas” e as cifras resultaron altamente optimistas, a pesares das inclemencias meteorolóxicas. Ademais, o cambio de localizacións conseguiu o obxectivo pretendido polo Concello de integrar ao comercio e a hostalería local dentro do festival.
Máis do 80% dos asistentes chegaron doutros puntos de Galicia e máis de 100 persoas fixérono doutras rexións como Asturias ou Madrid. Estes datos reflicten o grande impacto económico para a nosa localidade, que superou os 180.000€ nesta edición e que xera un aumento do emprego directo e indirecto, esgotando as prazas hoteleiras desde hai meses e incentivándose o consumo no comercio e hostalería local.
UN NOVO MODELO ORGANIZATIVO QUE CUMPLE COS CRITERIOS DE #SUSTENTABILIDADE E XERA UN IMPORTANTE AFORRO PARA O CONCELLO
Neste senso, a responsable de Cultura, Tamara Rodríguez, fixo fincapé na importancia de camiñar cara un festival sostible económicamente para o Concello e defendeu o formato de #organización elixido para esta edición como unha fórmula que, incentivando o retorno económico aos negocios, cumpre escrupulosamente cos criterios de rigor e responsabilidade presupostaria, xerando un aforro moi importante para as arcas municipais.
Pola súa parte, dende a promotora I-radia Crea, Montilla agradeceu todo o “apoio e a implicación” do Concello de Vilalba e os demais patrocinadores para facer posible este formato que se converteu nunha das citas ineludibles da música indie.
RÉCORD DE BANDAS GALEGAS E EN LÍNGUA GALEGA NA HISTORIA DO FESTIVAL
Por último, a responsable de Cultura puxo en valor a grande presenza da música en galego nesta 17 Edición. Para Rodríguez, a aposta funcionou con creces e o seu compromiso e o do Concello cos grupos do país non se deterá aquí.