Programa Electoral

Eleccións Locais 28M

I. Un futuro para a mocidade e a pequena e mediana empresa

 

Medida 1. Darémoslle total prioridade á ampliación do Polígono Industrial logo de 6 anos de parálise municipal.

Medida 2. Poremos a disposición de autónomos e empresas 6 parcelas máis recepcionadas para uso industrial dentro do Plan de Sectorización de Entrepinares.

Medida 3. Vincularemos a ampliación á posta en marcha dun Viveiro de Empresas para axudar á mocidade que queira montar un negocio e non teña capacidade de alugar un local.   

Medida 4. Crearemos unha liña de bonificacións fiscais destinada a axudar á pequena  e mediana empresa.

Medida 5. Redactaremos unha nova ordenanza de tramitación co fin de reducir e simplificar os trámites para a obtención de licenzas de actividade, funcionamento, obras, etc..

Medida 6. Apostaremos pola creación dun primeiro Parque de Vivenda de Aluguer Social reactivando o expediente de desafectación das antigas vivendas de profesores de Cuart de Poblet e iniciando os trámites para acadar a titularidade municipal das casas de Legoeiros.

Medida 7. Promoveremos a mobilización de vivenda baleira en mans dos bancos pola vía da adhesión Pacto de Vivenda de Galicia e a colaboración coas propias entidades financieiras.

Medida 8. Colaboración total co asociacionismo comercial e hostaleiro, pola vía da sinatura do primeiro convenio de colaboración co tecido empresarial da historia do Concello.


II. Facer xustiza coas parroquias en materia de investimentos

 

Medida 9. Poremos en marcha un Plan de Mellora e Mantemento de Vías no Rural que blindará un investimento mínimo de 850.000€ (fondos propios) por cada ano da lexislatura.

Medida 10. Os fondos do Canon Eólico reverterán por primeira vez nas parroquias cada un dos anos da lexislatura (arredor de 200.000€ por anualidade).  

Medida 11. O capítulo de investimentos do Plan Único destinarémolo ás parroquias co fin de que os fondos que anualmente se reciben da Deputación se dediquen á mellorar a rede viaria no rural.

Medida 12. Poremos en marcha un Plan de Sinalización das Parroquias e Barrios e demais espazos de interese turístico e cultural no rural.


III. Axudas á conciliación para as familias traballadoras

 

Medida 13. Crearemos unha liña de axudas directas á conciliación para familias con ingresos inferiores a 5,5 veces o IPREM, en base a un límite da gasto vinculado ao número de fillos/as.

Medida 14. Poremos en marcha un sistema de bonos a utilizar no comercio local para a adquisición de roupa e material escolar.

Medida 15. Poremos en marcha a iniciativa Camiños Escolares Seguros aos centros educativos. Un servizo de canguraxe para os pequenos, en colaboración coas ANPAS e a Policía Local.

Medida 16. Reclamaremos novas paradas de transporte escolar para as parroquias adaptadas á demanda actual e promoveremos o mantemento das antigas marquesiñas.

Medida 17. Poremos en marcha un taller interxeracional semanal (nenos/as, adolescentes e maiores) co obxectivo de facilitar conciliación e promover o envellecemento activo.


IV. As necesidades reais antes que os caprichos do goberno

 

Medida 18. Solicitaremos a titularidade da Estación de Autobuses co fin de proxectar alí o Centro de Día. Independizaremos as dársenas para compatibilizar ámbolos dous servizos.

Medida 19. Renovaremos o contrato municipal de Limpeza Viaria e Recollida de Lixo mellorando o servizo con máis maquinaria e aumento do persoal e das frecuencias no rural.

Medida 20. Aprobaremos unha Relación de Postos de Traballo no Concello que remate coa problemática do persoal municipal e poña fin á parálise administrativa.

Medida 21. Acometeremos a ampliación e rehabilitación integral o Pavillón Municipal co fin de poñer a disposición de clubs e usuarios un complexo adaptado e á altura da demanda actual.

Medida 22. Reverteremos as privatizacións de PP e PSOE comezando pola limpeza en colexios e instalacións municipais, que volverá ser un servizo público.


V. Contribuír dende o Concello a poñer a producir o rural

 

Medida 23. Crearemos un Centro de Procesamento e Transformación de Produtos do Agro no que os produtores locais poidan procesar as súas colleitas sen necesidade de inversión.

Medida 24. Promoveremos as permutas voluntarias de terras agrícolas entre particulares subvencionando dende o Concello o 100% dos gastos notariais.

Medida 25. Bonificaremos ó 95% do IBI a vivendas vencelladas a un uso agrario ou gandeiro.

Medida 26. Faremos do Mercado de Abastos o centro da distribución directa do produto do noso agro eximindo aos produtores locais e de ecolóxico de pagar por cada día que acudan.

Medida 27. Crearemos unha liña de axudas directas aos veciños/as que repoboen con frondosas.

 

VI. Un goberno que escoite en lugar de que impoña

 

Medida 28. Poremos en marcha os primeiros Orzamentos Participativos da historia de Vilalba (3% do total, arredor de 360.000€) para que os veciños decidan onde e como gastalos. 

Medida 29. O Alcalde reunirase coa veciñanza do rural “parroquia a parroquia” de xeito periódico. Este exporá o diñeiro co que se conta e os veciños/as decidirán as prioridades.

Medida 30. Redactaremos un regulamento de consultas/referendos veciñais para accións que poidan supoñer un forte impacto a nivel urbanístico, ambiental ou social.

Medida 31. Estableceremos na orde do día dos Plenos un punto para a participación veciñal e estes pasarán a celebrarse con carácter mensual. 

Medida 32. Crearemos os Consellos Municipais da Cultura, do Deporte e o Consello Escolar Municipal como órganos de comunicación co tecido cultural, deportivo e educativo.


VII. Unha política urbanística que facilite a vida aos veciños/as

 

Medida 33. A Praza de Santa María pasará a ser peonil como primeiro paso da nosa aposta estratéxica pola posta en valor da zona vella.

Medida 34. Ampliaremos as prazas de aparcamento para a veciñanza. Sabemos das parcelas, da vontade por parte da propiedade e farémolo no primeiro ano da lexislatura.  

Medida 35. Reapertura inmediata da Oficina de Rehabilitación Municipal e implementación dunha web asociada para a promoción de inmobles susceptibles de rehabilitación.

Medida 36. Adhesión aos novos plans de rehabilitación da UE Next-Generation a nivel de barrio e dos xa existentes plans nacionais.

Medida 37. Desbloquearemos o PXOM pola vía da creación dunha Comisión de Seguimento que controle a súa redacción co fin de sometelo a exposición pública na lexislatura.

Medida 38. Encargaremos un estudo técnico con vistas a mudar o sentido circulatorio imposto na Rúa da Pravia por parte do anterior goberno.

Medida 39. Bonificaremos o Imposto sobre Construcións Instalacións e Obras (ICIO) ás obras encamiñadas á eliminación de barreiras arquitectónicas.

 

VIII. Unha Vilalba verde e respectuosa co medio ambiente

 

Medida 40. Naturalización urbana progresiva. Mudar cemento por espazos axardinados limitando as obras no casco urbano á ampliación das zonas verdes.

Medida 41. Impulsaremos un primeiro proxecto de Carril Bici que conecte o centro co Polígono Industrial e a Área Recreativa da Madalena.

Medida 42. Instalaremos un mínimo de 2 puntos de recarga para vehículos eléctricos.

Medida 43. Bonificaremos o Imposto sobre Construcións Instalacións e Obras (ICIO) a toda obra encamiñada á mellora da eficiencia enerxética.

Medida 44. Modificaremos as tarifas do IVTM en función do tipo de vehículo e combustible.


IX. Atraer visitantes e riqueza para a vila e as parroquias

 

Medida 45. Aposta estratéxica polo Turismo de Congresos, aproveitando o potencial do noso Auditorio Municipal e a privilexiada situación de Vilalba como encrucillada de camiños.

Medida 46. Proxectaremos ao Concello de Vilalba como o punto máis próximo para acadar a Compostela (100km) no marco da promoción nacional e internacional do Camiño Norte.

Medida 47. Deseñaremos un mapa de roteiros á altura do noso patrimonio cultural, ambiental e gastronómico, co fin de proxectalos no marco da nosa estratexia turística.

Medida 48. Poremos en marcha unha aplicación móbil de Turismo e Comercio co fin de facilitar que os visitante consuman nos nosos establecementos comerciais e hostaleiros.


X. Investir no presente para recoller no futuro

 

Medida 49. Solicitaremos para Vilalba os ciclos de Formación Profesional de Explotacións Agrarias Extensivas e Procesos e Calidade na Industria Alimentaria.

Medida 50. Impulsaremos unha Aula de Atención ao Menor para a atención e seguimento de menores en risco de exclusión social. (Competencia Municipal en aplicación da “Lei Rhodes”)

Medida 51. Crearemos o Observatorio Municipal de Igualdade e Liberdade Afectivo Sexual, en virtude do noso compromiso coa igualdade real e efectiva e as políticas de prevención.

Medida 52. Organizaremos unhas Xornada Anuais sobre Saúde Mental co obxectivo de facer pedagoxía entre os veciños/as de vila e parroquias ó respecto da importancia da prevención.

Medida 53. Poremos en marcha o ciclo Cultura nas Parroquias en colaboración coa Biblioteca. Un programa itinerante que leve lectura, música e teatro a cada recuncho do rural.     

Medida 54. Iniciaremos os tramites para integración do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía na Rede Autonómica co fin de protexer e pór en valor o noso patrimonio histórico.

Medida 55. Aposta estratéxica pola Apicultura coa creación dun Apiario Didáctico na parroquia de San Simón.

Medida 56. Proporemos á Xunta e á Deputación Provincial a sinatura dun convenio tripartito para a creación dunha Aula de Interpretación do Liño en Insua.

Medida 57. En Vilalba, en galego. Cumprirase ao fin coa lexislación en materia de normalización lingüística.

Medida 58. Aplicarase a lexislación vixente en materia de Memoria Democrática por primeira vez no Concello de Vilalba.