Recollemos as queixas de varios pais e nais, logo de se teren producido contratempos tales coma o que a pasada semana rematou con unha menor en urxencias.
Unha intolerable dinámica á que se lle engade a dificultade que conleva para unha boa parte das familias do noso concello o pagamento dunha entrada xa de por si abusiva para este tipo de instalacións.
Dende a asemblea de Vilalba Aberta, vimos de facer público que solicitaremos no Concello o expediente de contratación do servizo do Parque Acuático, a fin de analizar polo miúdo se se está a cumprir cos requisitos establecidos pola lei para a apertura ao público deste tipo de instalacións en materia de seguridade.
Pretendemos, pois, recoller as continuadas queixas de varios pais e nais, logo de se teren producido contratempos que, coma o acontecido na pasada semana, remataron con unha menor en urxencias. Unha intolerable dinámica, que se repite ano tras ano sen que nin o Goberno Municipal nin a adxudicataria de turno se pronuncien ao respecto.
Ao noso xuízo, o papel da oposición diante da gravidade e a vergoña que se deriva de tales incidencias, máis se cabe, logo de teren os pais e nais que facer fronte ao pagamento dunha entrada xa de por si abusiva; é fundamental.
Neste sentido, e ao tempo que lamentamos que fai dous anos tanto os representantes do partido do goberno coma os que o son do PSOE vilalbés ,votaran xuntos para evitar que o Concello asumira a xestión directa tanto da Piscina coma das instalacións do parque acuático; non descartamos propoñer diante o Pleno a creación dunha comisión de seguimento das contratas municipais, a fin de evitar o estado de absoluto desgoberno ao que a xestión do Goberno Municipal ten sumido ao noso Concello.