Vilalba Aberta apoia ós gandeiros/as e reclama “prezos xustos e reducción da carga burocrática ás explotacións”
Vilalba Aberta fixo público hoxe o seu “total apoio” ás reivindicacións do sector agrogandeiro. A formación municipalista convértese deste xeito na primeira organización política vilalbesa en secundar os postulados do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) e Unións Agrarias (UUAA) e demandar das administracións públicas a nivel galego, estatal e europeo…