Renda recolle as demandas dos veciños/as de Basanta Silva e a Rúa será realmente peoníl a partires de 2025

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a vindeira regulación do tráfico na Rúa Basanta Silva  a fin de que sexa realmente peoníl. Unha agardada medida, que se fará efectiva no primeiro trimestre de 2025 e que se tomou logo de contrastar cos/as residentes as diferentes posibilidades para a rúa. A través dunha concorrida xuntanza, o…

Modesto Renda anuncia a habilitación de dous aparcadoiros públicos para camións e plataformas no Polígono

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a habilitación de 11.952 m2 de aparcadoiro público para vehículos de alta tonelaxe, repartidos en dúas explanadas de titularidade municipal no Polígono. Unha medida que se completa coa habilitación doutra parcela municipal de 1.487 m2 destinada a aparcadoiro de turismos. Acompañado polo Presidente da Asociación de Empresarios de Vilalba,…

Mª Xosé Fernández anunciou que o Roscón de Vilalba acada a licencia de artesanía alimentaria

O Roscón de Vilalba deu un paso máis para converterse nun produto de referencia na gastronomía lucense. As pastelerías vilalbesas “A Confianza” e “Ebos Obradoiro Doce” conseguiron a licenza de artesanía alimentaria para o doce máis típico do noso Concello. A impulsora deste logro foi, ademais dos pasteleiros, María Xosé Fernández, concelleira de Comercio, que…

O informático Zeus Seijo asumirá a coordinación de Vilalba Aberta logo de ser elixido por unanimidade na asemblea xeral

O informático vilalbés Zeus Seijo será o máximo responsable de Vilalba Aberta a nivel interno. Así anunciou esta mañá a formación municipalista, logo de que a súa Asemblea Xeral decidira por “rotunda unanimidade” o nomeamento. Seijo, de 34 anos e veciño da Rúa do Rollo, substitúe a Mónica González como responsable de Organización de VA,…

Mónica González tomou hoxe posesión como Concelleira e convértese na nova responsable de Cultura

A número 4 da lista de Vilalba Aberta nas pasadas Eleccións Municipais, Mónica González, tomou hoxe posesión da súa acta como concelleira en substitución de Tamara Rodríguez. Funcionaria de Correos, Mónica González é membro fundador de Vilalba Aberta e agora converteráse na nova responsable de Cultura do Concello de Vilalba, froito do acordo de goberno…

O cambio de sentido da Rúa da Pravia faise efectivo con nomalidade coa colaboración da veciñanza

Este sábado fíxose efectivo o anunciado cambio do sentido circulatorio da Rúa da Pravia. O Vicealcalde e responsable de Mobilidade do Concello de Vilalba, Modesto Renda, acompañou dende as horas previas aos axentes da Policía Local e, logo de contrastar a actuación coa veciñanza a pé de rúa, puxo en valor o “civismo e total…

A inversión do Concello nas parroquias suma xa 787.000€ dende que Renda asumíu a Vicealcaldía

O Pleno Municipal apoiou unha proposta do Vicealcalde Modesto Renda que incrementará en 46.000 euros o diñeiro destinado ás parroquias e posibilitará a rexeneración e mellora de tres viais de titularidade municipal en Nete e Oleiros. Concretamente trátase dos seguintes: 1 – Vial de acceso aos barrios da Bouza e Lourixe, na parroquia de #Nete.…

Vilalba Aberta insta á Xunta a “non volver deixar fora das axudas para a mellora de viais ao Concello de Vilalba”

Vilalba Aberta volve saír na defensa dos intereses do rural. O portavoz da formación e actual Vicealcalde do Concello de Vilalba, Modesto Renda, rexistrou hoxe unha iniciativa dirixida á Xunta de Galicia, a fin de que a administración autonómica non volva excluír ao Concello de Vilalba das axudas para rehabilitación de camiños en zonas de…

Vilalba Aberta organiza un acto sobre Saúde Mental e reivindica que sexa “un piar” no sistema público de saúde

Vilalba Aberta quere poñer no foco da política local a cuestión da Saúde Mental. Así o manifestou hoxe o portavoz da formación e actual Vicealcalde do Concello de Vilalba, Modesto Renda. Acompañado pola concelleira María Xosé Fernández e os membros da Coordinadora da formación municipalista Ana Paredes e Zeus Seijo, Renda presentou diante do Centro…

Renda rehabilita un camiño agrícola polo que os veciños de Sancovade levaban 20 anos agardando

O Vicealcalde Modesto Renda anunciou hoxe a rehabilitación total do camiño agrícola que une os barrios da Frouxeira e Paxán, en Sancovade. Esta actuación levaba sendo reivindicada polos veciños da parroquia dende había máis de 20 anos e o custe total desta obra ascendeu ós 22.022,00€ procedentes na totalidade de fondos municipais. Renda, contrastou coa…