Nadia Río. Moza agricultora e novo membro de Vilalba Aberta: “Hai futuro no rural para a muller”
Hai dous anos que Nadia Rio (29 anos e veciña de Carballido) apostou por emprender no rural. A pesares dos momentos baixos, asegura sentir unha “grata satisfacción” por poder quedar onde naceu e seguir co traballo dos seus avós. Hoxe, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, únese ao proxecto de Vilalba Aberta…