Vilalba Aberta denuncia impagos de ata 7 meses a traballadoras do servizo de limpeza en colexios e instalacións municipais

Vilalba Aberta volve saír ao paso da situación laboral das traballadoras do servizo de limpeza en colexios e instalacións municipais. Logo de censurar a aposta do goberno do PSOE polo “mesmo modelo de xestión privada do PP”; o noso Grupo Municipal denunciou hoxe o “inxustificable” o retraso do Goberno, en relación cun proceso de licitación…

Vilalba Aberta reivindica ás traballadoras do sector dos coidados co gallo do 8M

“Fundamentais, pero precarias. Desconfinar os dereitos nos coidados”. Ese é o lema elixido por Vilalba Aberta, de cara á celebración, este luns, do Día Internacional da Muller Traballadora. Un chamamento, a través do que pretendemos pór o foco na situación sociolaboral de moitas vilalbesas, traballadoras no sector dos coidados, e diante da que, consideramos, cómpre…

Vilalba Aberta presenta ao goberno un novo plan de axudas a autónomos e empresas co fin de “desbloquear e avanzar”

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa. Un mes despois de que o Pleno acordara por unanimidade a constitución dunha mesa de partidos encamiñada a negociar as bases do tan ansiado Plan Municipal de axudas directas autónomos e empresas; o noso Grupo Municipal vén de presentarlle ao goberno do PSOE unha nova proposta en firme que,…

Renda censura que o goberno do PSOE teña paralizado o PXOM “igual que facía o PP”

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, denunciou hoxe diante a prensa a “parálise administrativa” en relación coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) por parte do goberno do PSdeG no Concello de Vilalba. Unha interpelación pública que, tal e como explicou, chega logo de “20 meses de inacción municipal”, ao respecto dun…

Vilalba Aberta vincula a xestión privada coa precariedade laboral no servizo de limpeza en colexios e instalacións municipais

Vilalba Aberta vén de saír ao paso do anuncio do Goberno, en relación coa licitación dos servizos de limpeza en colexios e instalacións de titularidade municipal. Logo dun segundo requirimento de información no Concello, o noso Grupo Municipal censurou diante da prensa a incomprensible aposta do goberno do PSOE polo “mesmo modelo de xestión privada…

Vilalba Aberta pide eximir das taxas de auga, saneamento e lixo a hostalería, ximnasios e ludotecas

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova iniciativa de cara ao vindeiro Pleno Ordinario da Corporación. Unha solicitude “con carácter de urxencia”, a fin de que os negocios vilalbeses afectados polas medidas de peche temporal de actividades establecidas pola Xunta, se vexan beneficiados pola exección do pago das taxas de recollida…

Vilalba Aberta solicita que o persoal da axuda no fogar teña acceso preferente á vacina

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova iniciativa de cara ao Pleno Ordinario correspondente ao mes de Xaneiro (17:00h do vindeiro xoves día 4). Unha interpelación directa aos grupos con representación municipal, cuxo obxectivo é o de instar “con carácter de urxencia” á Xunta a  que as traballadoras do Servizo de…

Vilalba Aberta reúnese cos traballadores/as do servizo de recollida de lixo e denuncia a parálise municipal na licitación

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de facer pública unha nova reunión, desta volta coa representación do persoal da adxudicataria do servizo de limpeza e recollida de lixo. Unha xuntanza, na que traballadores/as das diferentes quendas e zonas (mañás, noites e rural), tiveron a oportunidade de expoñer o conxunto das súas reivindicacións e demandas,…