Renda censura que o goberno do PSOE teña paralizado o PXOM “igual que facía o PP”

O voceiro de Vilalba Aberta, Modesto Renda, denunciou hoxe diante a prensa a “parálise administrativa” en relación coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) por parte do goberno do PSdeG no Concello de Vilalba. Unha interpelación pública que, tal e como explicou, chega logo de “20 meses de inacción municipal”, ao respecto dun…

Vilalba Aberta vincula a xestión privada coa precariedade laboral no servizo de limpeza en colexios e instalacións municipais

Vilalba Aberta vén de saír ao paso do anuncio do Goberno, en relación coa licitación dos servizos de limpeza en colexios e instalacións de titularidade municipal. Logo dun segundo requirimento de información no Concello, o noso Grupo Municipal censurou diante da prensa a incomprensible aposta do goberno do PSOE polo “mesmo modelo de xestión privada…

Vilalba Aberta pide eximir das taxas de auga, saneamento e lixo a hostalería, ximnasios e ludotecas

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova iniciativa de cara ao vindeiro Pleno Ordinario da Corporación. Unha solicitude “con carácter de urxencia”, a fin de que os negocios vilalbeses afectados polas medidas de peche temporal de actividades establecidas pola Xunta, se vexan beneficiados pola exección do pago das taxas de recollida…