Vilalba Aberta censura a falta de seriedade do Goberno co comedor da Escola Infantil

Vilalba Aberta vén de anunciar que esixirá responsabilidades, en relación cos continuados incumprimentos do equipo de goberno municipal ao respecto do prometido ás nais e pais da Escola de Educación Infantil de Vilalba. Unha nova interpelación que se tramitará pola vía dunha moción de urxencia que, ademais de requirir a comparecencia en Pleno da Alcaldesa,…

Vilalba Aberta anuncia un proceso participativo co que a xente decida os orzamentos de 2021

Vilalba Aberta vén de anunciar o lanzamento dun proceso de participación veciñal de cara á necesaria negociación duns Orzamentos Municipais para o noso Concello. Baixo o nome de Participa Vilalba e a través dunha novidosa ferramenta de participación online, o noso Grupo Municipal porá a disposición dos veciños/as de vila e parroquias a posibilidade de…

Vilalba Aberta leva a Pleno a débeda do Concello con veciños en relación coas carpas das festas das parroquias

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de anunciar que fará súas as reivindicacións de varias parroquias e levará a Pleno o pagamento das carpas alugadas con vistas á celebración das patronais do 2019.   Unha interpelación directa á Alcaldía, que definimos como urxente, pois, foi rexistrada logo meses de reclamacións por parte dos veciños/as que,…

Vilalba Aberta pide o cumprimento da ordenanza que regula a actividade madeireira no Concello

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de anunciar que levará a Pleno o cumprimento dunha das ordenanzas de maior transcendencia para a veciñanza das parroquias, isto é: a nº 47, reguladora do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais do Concello de Vilalba. O…

Vilalba Aberta pregunta pola devolución das cotas da Piscina, das Escolas Deportivas e da Escola Municipal de Teatro

Vilalba Aberta vén de presentar a súa primeira iniciativa de cara á vindeira sesión ordinaria de Novembro. O obxectivo do noso Grupo Municipal é que o equipo de goberno dea conta da situación na que se atopa o proceso de devolución proporcional, por servizos non prestados, das cotas mensuais da Piscina Municipal, das Escolas Deportivas,…