Vilalba Aberta denuncia o “debate farsa” dos Orzamentos e desmárcase da “trampa na que o Goberno converteu a votación”
Vilalba Aberta desmarcouse da votación dos Orzamentos, celebrada onte en sesión extraordinaria na Casa Consistorial. Precedida dunha acción de protesta á entrada do Pleno na que se puideron ler lemas tales coma “Orzamentos da imposición”, “Transparencia” ou “Desinformación”, a nosa decisión chega logo da nosa denuncia, relativa á intencionada falta de planificación do Goberno Municipal,…