Denunciamos a vulneración dos dereitos laborais na adxudicataria do SAF e presentamos unha proposta de control
Vilalba Aberta defenderá no vindeiro Pleno Ordinario de Xullo unha proposta de control municipal, a fin da fiscalización dos servizos públicos externalizados polo Goberno do Partido Popular no Concello de Vilalba. Unha decisión de urxencia, ratificada pola nosa asemblea logo de termos coñecemento a través dunha denuncia anónima, do proceder en materia laboral da adxudicataria…