Reivindicaremos a posta en marcha de medidas urxentes en materia de financiamento

Buscaremos o apoio do resto de grupos políticos contra a Lei 27/2013, do 27 de decembro, de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local no Congreso dos Deputados, máis coñecida como Lei Montoro. Dende a asemblea de Vilalba Aberta, vimos de anunciar que reclamaremos o apoio do Pleno Municipal en contra da Lei de Racionalización e…

Defenderemos diante do pleno o noso plan para a peonalización selectiva do casco vello

Propoñemos a posta en marcha dun proxecto piloto, a desembocar na apertura dun procedemento de participación cidadá onde o conxunto das veciñas/os e comerciantes afectados/as poidan posicionarse diante das vantaxes e desvantaxes da experiencia. Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de anunciar, co gallo do vindeiro Pleno Ordinario a celebrar este xoves, que defenderemos…

Resumo da reunión entre o compañeiro Modesto e Agustín Baamonde

A posta en funcionamento da vella gardería, o aluguer social dos inmobles de titularidade pública deshabitados ou o procedemento de regularización catastral, as prioridades para Vilalba Aberta. Disparidade de visións e antagonismo ideolóxico entre dous proxectos de Concello que en pouco máis de dous anos e medio se voltarán a atopar de fronte.  O compañeiro…

Levaremos ao pleno unha proposta de auditoría para “erguelas alfombras” da xestión municipal

Consideramos inaprazable a posta en marcha dunha avaliación tanto da xestión directa como indirecta que de a coñecer o resultado da xestión dos dous derradeiros alcaldes do Concello. A fiscalización de todos os créditos pendentes de amortización, así coma determinar se houbo débeda con provedores convertida en débeda bancaria, para proceder á realización dun seguimento;…

Reivindicaremos no Concello a posta en marcha dunha liña de axudas para material escolar

O chamado “fondo solidario” e as axudas para a adquisición libros de texto convocadas pola Xunta, non están a impedir as dificultades de moitas familias vilalbesas para acceder ao conxunto do material establecido polos centros. Propoñemos unha axuda en forma de bonos a trocar tan só en establecementos do municipio, a fin de favorecer tamén…

Defenderemos diante o Pleno un uso de aluguer social para as antigas vivendas de profesores

O edificio, situado na Rúa Cuart de Poblet e construído orixinariamente para albergar vivendas de profesores, conta na actualidade con seis vivendas, das cales tan só dúas están habitadas. Dende a asemblea de Vilalba Aberta vimos de tomar a iniciativa a fin de que a vindeira titularidade pública do inmoble se concrete nun uso de aluguer…

Solicitaremos o nome dunha rúa para honrar ao Agustín Fernández Paz

Un recoñecemento, sen dúbida, merecido en base á súa importantísima obra literaria, ao seu traballo renovador no eido pedagóxico, á súa loita a prol do noso idioma, así coma polo seu demostrado amor a Vilalba. Dende a asemblea de Vilalba Aberta consideramos acaído facelo coincidir coa retirada do rueiro vilalbés dos apelidos dun dos militares que se ergueron contra…

Presentaremos ante o pleno a nosa proposta de transición cara un urbanismo participativo

Reivindicamos aimplantación por parte do Concello de sistemas de participación cidadá efectiva, tanto presencial como telemática, co fin de coñecer as necesidades dos distintos barrios e parroquias. O sometemento a información pública de toda obra que supere os 100.000 euros, dando publicidade do orzamento e empresas concursantes ou a creación dun Consello Local do Urbanismo,…